A Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” premio Arousán do Ano.
O Conselleiro Agustín Hernández entregou o premio a Fernando Cobo (Foto: Diario de Arousa)
O pasado sábado, 16 de marzo, celebrouse no Auditorio Municipal de Vilagarcía a “XII Gala Arousán do Ano”, coa que o Diario de Arousa recoñece anualmente o traballo realizado por persoas e colectivos para o desenvolvemento das comarcas de O Salnés, Ulla-Umia e O Barbanza.
A Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” recibiu o premio “Arousán do Ano” no apartado de Medio Ambiente en recoñecemento ao seu intenso labor investigador para manter en bo estado os ríos e por difundir entre a sociedade as cuestións máis relevantes destas investigacións.
O galardón foi recollido, en nome do centro e en representación da USC, polo seu director, Dr. Fernando Cobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario