A Asociación de Troiteiros “Río Furelos” proxecta habilitar un tramo do Couto do cauce do río Furelos para que as persoas con algún tipo de discapacidade podan iniciarse na práctica da pesca nun entorno accesible.
A axecución deste proxecto requerirá unha inversión mínima, e sería un tramo posible dentro do acoutado entre a Ponte Romana de Furelos e Os Pasos de Petos, suporía mellorar a accesibilidade do entorno fluvial, mellorar así a calidade e o grado de benestar de todalas persoas.
O presidente da Asociación ,Xavier Pazo, explica que a obra proxectada é moi sencilla, xa que, según indica, sería viable coa simple colocación dunhas barandas protectoras nun tramo do cauce fluvial e coa mellora do firme da senda peatonal que discurre polas inmediacións do río e do Camiño de Santiago.
Os promotores deste proxecto remitiron a súa proposta ao Concello de Melide e a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural, co fin de poder lograr así os permisos necesarios e algunha subvención para poder executar o mesmo.
Xavier Pazo insiste nas ventaxas que suporía mellorar a accesibilidade do entorno fluvial, ao tempo que critica as escasas ou nulas medidadas de accesiblilidade para as persoas disminuidas. Contrariado por esta situación Pazo insta as distintas administracións a avanzar na materia de accesibilidade, a fin de mellorar así a calidade e grado de benestar de todalas persoas, independentemente de que sufran ou non grado algún de discapacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario