Seguidores

jueves, 12 de abril de 2018

Acabaremos teniendo una pequeña era glaciar.

http://www.gciencia.com/medioambiental/circulacion-meridiana-atlantico-decae-un-15-por-cento/

A circulación meridiana do Atlántico decae un 15 por cento
O cambio na ruta das augas quentes que chegan do Golfo de México agoira consecuencias climáticas en Europa.

O cambio climático antropogénico é o principal sospeitoso deste enfraquecemento que pode ter efectos importantes, especialmente no clima europeo. A circulación meridiana do océano Atlántico, fenómeno polo que se coñece a redistribución de calor do sur ao norte, diminuíu un 15% desde a última metade do século XX, segundo unha investigación internacional na que participa a Universidade Complutense de Madrid ( UCM) e que acaba de publicarse en Nature.

“Analizamos datos e modelos de moi alta resolución que demostran que hai un patrón de temperaturas no Atlántico que deixa claro que a circulación do océano no Atlántico diminuíu”, indica Alexander Robinson, coautor do estudo, investigador da facultade de Ciencias Físicas da UCM e do Instituto de Xeociencias (CSIC- UCM).

“Detectamos un patrón específico de arrefriado oceánico ao sur de Groenlandia e un quecemento inusual fronte ás costas de Estados Unidos, que é moi característico para a desaceleración do derrube do Atlántico, tamén coñecido como Gulf Stream System”, destaca Levke Caesar, autor principal e investigador do Instituto Potsdam para a Investigación de Impacto Climático ( PIK).

No hay comentarios:

Publicar un comentario