Seguidores

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Entrega de los VI Premios Trueiro en Melide


Os Premios do Xornal de Pesca Deportiva Trueiro destacan a aquelas persoas, clubes, firmas comerciais ou organizacións que se teñan distinguido ao logo do ano na defensa da pesca deportiva, na consolidación dos valores sociais da pesca, na loita contra a contaminación e na dinamización da sociedade galega a través desta enriquecedora actividade.
Melide, punto clave do sentir do Camiño e cerne de Galicia, acolleu a edición deste ano.
En primeiro lugar, presentouse a nova producción da factoría da División Audiovisual de Trueiro: o documental “Pascal Cognard en Galicia” realizado durante a visita que o tricampión mundial realizou para participar no Campionato de Waldemar.
A quenda de intervencións comezou co Presidente dos Troiteiros do Furelos, Xavier Pazo: “Temos a sorte de vivir nunha terra farturenta en ríos. Desde o pai Miño ata o regato máis pequeno, Ninguén mellor ca nós para radiografar a súa saúde. Nos tempos que corren tense demostrado que no referente á saúde dos nosos ríos o capital non sempre vai aparellado a preservar o seu caudal”.
A seguir, quenda para Joaquín España, decano do xornalismo especializado a nivel nacional e membro do Consello de Dirección de Trueiro: “Un buen día recibí la llamada de unas personas comprometidas con la salud de las aguas continentales gallegas. Uno de los grandes ríos gallegos había sufrido lo que acabamos llamando El Prestige Fluvial del Xallas y, posteriormente, La Infamia del Xallas. La avaricia del kilovatio había agredido de una manera impensable a uno de los grandes cotos gallegos con una matanza sin precedentes. La indignación de ese grupo de personas, entre las que me encuentro, nos llevó a un reto casi imposible y pusimos en marcha un periódico. Xornal Trueiro nacía cuatro meses después de aquel deleznable atentado ecológico y seis años después seguimos con las mismas ganas, con la misma ilusión, con un periódico gratuito e independiente en el que tienen cabida las denuncias de las agresiones, la pureza de las aguas continentales, información al pescador y divulgación científica. Y hoy, el Xornal Trueiro, en su compromiso adquirido en sus orígenes da un paso más para seguir en la trayectoria trazada.

ENTREGA DE PREMIOS:

O xurado dos 6º Premios Trueiro, composto polo Consello de Administración, Consello de Dirección, Consello de Redacción e Consello Asesor do Xornal Trueiro, decidiron por unanimidade os Premios Trueiro correspondentes a este ano.
Premio Línea Tensa
Premio Línea Tensa ao Profesor Alejo Carballeira Ocaña, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Santiago e director do grupo ECOTOX desde o que se impulsan redes de biomonitorización e biocontrol ambiental e de evaluación da calidade da auga. É, así mesmo, promotor do banco de especímenes ambientais de Galicia, ferramenta decisiva para o estudo da evolución da calidade ambiental na nosa Comunidade.
Entregou o galardón Fernando Cobo, membro do Consello de Dirección de Trueiro.
Premio Donde Hay Que Estar
Premio Donde Hay Que Estar, pola organización da Festa da Troita da Pontenova, pola organización do Concurso do Salmón e pola dinamización socio-económica a través da pesca, a Javier Rois, Taracho, Presidente do Centro de Iniciativas e Turismo de A Pontenova.
Entregou Joaquín España.
Premio Qué Pasa
Premio Qué Pasa pola defensa dun curso castigado, polas iniciativas en favor da denuncia dos verteduras e pola loita en favor da pureza das augas á Plataforma pola defensa do Sar. Recolleu o su Presidente, Xose Manuel Penas Patiño.
Entregou o novo Director Editorial do Xornal Trueiro e Relator da Lei de Pesca Fluvial de Galicia, Pepe Casal.
Premio A Nosa
Polo seu servizo aos pescadores galegos, pola profesionalidade amosada durante anos e por ser un establecemento de referencia, Premio A Nosa a Armería Mago de Chantada.
Recolleu o fillo do seu propietario, Manuel Gómez.
Entregou o Director do Xornal Trueiro, Alberto Torres.
Premio Trueiro-Doctor Moralejo
O premio especial desta edición entregouno a Alcaldesa de Melide, Ángeles Vázquez.
Por tantos anos de traballo desde –a veces- o ingrato labor de gardarríos, por saber estar coa pesca, cos peixes e cos pescadores, por unha dilatada carreira profesional e polo seu compromiso co sector, Premio Trueiro-Doctor Moralejo a Julio Gigirey.


A continuación, quenda de palabra para o Director do Xornal Trueiro, Alberto Torres: “Eu, como xornalista e pescador, penso que a miña e a nosa contribución no mundo da información da pesca sostible é igual que o traballo dunha sociedade por un couto de pesca, dun concello pola limpeza dun cauce, dun guarda polo celo no cumprimento das normas, dun técnico avaliando a calidade das aguas. Son pequenas arelas moitas veces personais, son unidades, pero suman. Qué decir do esforzo dos premiados. Por eso hoxe poñemos en valor o servicio á defensa do noso medioambiente e convidamos os homenaxeados a seguir coa súa liña.
O ano 2015 estase achegando a pasos axigantados e esa é a data na que a Directiva Marco da Auga, norma do Parlamento Europeo e do Consello da UE pola que se establece un marco de actuación comunitario no ámbito da política de augas, establece o garante da protección das sugas e promover un uso sostible que asegure a súa disponibilidade a longo prazo”.
Pechou o acto a Alcaldesa de Melide: “Otero Pedrayo falaba de Galicia como a terra dos mil ríos, e a terra de Melide é un bo exemplo disto pois Melide e a súa comarca posuen unha gran densidade hidrográfica. Galicia non se podería explicar nin entender sen os seus ríos pois forman parte do noso ADN. Cando se agrede a un río algo de nós desaparece”.
O Xornal Trueiro amosou o seu agradecemento pola hospitalidade do Concello de Melide entregándolle á Alcaldesa uns agasallos de artesanía feitos polo colectivo “Artesáns da Pesca” representado por Oscar Gayoso.
O acto foi escenario da presentación do novo Director Editorial do Xornal Trueiro que estará a cargo dunha das persoas máis cualificadas e máis respectadas no sector da cana, como é Pepe Casal.
O acto foi presentado polo xornalista Terio Carrera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario