Todas las especies que se acercan a la superficie son pescables a mosca solo es cuestión de saber el tiempo que quieres dedicarle y dar con la mosca adecuada. santinitas@gmail.com
Seguidores
lunes, 18 de febrero de 2013
Escola de pesca da sociedade de caza e pesca Xuvia 2013
Como tódolos anos xa está eiquí o inicio do curso da escola de pesca a mosca da Sociedade de Caza e pesca Xuvia.
Comenzará a súa andaina coa presentación este venres 22-2-2013 no que vai ser a sé deste curso de pesca, o centro de maiores ''Manuela López Sequeiros'', sito no Alto do Castiñeiro, fronte ó novo Auditorio municipal de Narón.Hai que agradecer ó Concello de Narón, e sobre todo á concelleira de Deportes Natalia Hermida as xestións para o uso dun local dotado de material audiovisual e espazo adecuado para este curso.
As xornadas terán lugar tódolos venres de Febreiro, Marzo e Abril en horario de 18:00 a 22:00.
O director técnico vai ser Alberto Mera e estará asistido por Eloi Saavedra como profesorado.
O contido do curso amoldarase ó alumnado, de forma que os alumnos de anos anteriores terán unha extensión de contidos sobre todo na montaxe de artificiais, e a xente que acuda poir primeira vez, poderá ter atención persoalizada no tocante ós rudimentos de montaxe, materiais de pesca e lanzado.
Tamén veremos contidos de pesca a mosca no mar, tanto no tocante as especies de ría como as de mar aberto e incluso tropicais.
Se necesitades algunha aclaración no cartel adxunto hai dous teléfonos de contacto para que o profesorado vos teña informados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario