Seguidores

martes, 14 de mayo de 2013

XIX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA



Narón a 14 de Maio de 2013
COMUNICADO DE PRENSA DA SOCIEDADE  XUBIA
Coma xa hai 19 anos que empezou a súa singladura o XIX TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA xa está eiquí, a data de celebración ó igual que en edicións anteriores será o día 17 de Maio Día das Letras Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto troiteiro de Xubia .

O programa de actividades será o seguinte:
 7:30 Xuntanza no Bar Os Rubios (Volta do Poulo-Neda)
 9:00 Inicio do Campionato
 13:30-13:45 Fin da competición, entrega de capturas e pesaxe na Area Recreativa de Muiño do Chao (Pedroso)
A actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar no restaurante A Trsanquesa na Feira do Trece (Sedes)
Finalizada a mesma procederase á entrega de trofeos.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante e de acudir con acompañante
Dado que as prazas son limitadas ós 30 pescadores que ten de aforo o couto troiteiro ,rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .

Recordamos  que o horario de oficina do local social é de 20.00 a 21.00 h. os venres ; o noso tel-fax  é 981 387809 ou mediante o correo electrónico arrotreba@gmail.com

Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262


Atentamente, o presidente .
ELOI SAAVEDRA VIDAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario