Os premios anuais do Xornal Trueiro distinguen a todas aquelas persoas, entidades, organizacións, asociacións e sociedades que teñan destacado ao longo do ano na defensa do medio natural galego e na divulgación dos valores sociais e deportivos da pesca continental.
Como en anos anteriores, a gala estará presentada por Terio Carrera (xornalista deportivo da TVG) e na mesma proxectarase un documental da Factoría Audiodvisual de Trueiro sobre a vila que acolle os premios.
No acto intervirá a Dirección do Xornal Trueiro, correspondendo o peche do acto ao Alcalde da Vila.
Galardoados 2018:
Jorge Dafonte
Doctor Enxeñeiro Agrónomo e Profesor Titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
no campus de Lugo. Pertence ao Departamento de Enxeñaría Agroforestal e destacan as súas
investigacións sobre Métodos xeofísicos aplicados ao medio natural e agroforestal e especialmente
os seus traballos sobre xestión da auga e sobre a Hidroloxía das concas de Galicia.
Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non
Polo seu labor de concienzación cidadá e polo seu activismo social en contra da reapertura da Mina
de Touro.
Manuel Méndez
Polo seu labor profesional e en especial pola súa dedicación xornalística a temas medioambientais.
Ramon Barreiro
Por toda unha vida como pescador de salmón e pola súa sabiduría pescantina nos coutos do Ulla.
Juan Delibes
Recoñecemento á trayectoria profesional agora que goza do tempo de ocio que lle faculta a
prexubilación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario