Seguidores

martes, 5 de junio de 2018

No país dos mil ríos.

https://www.diariodeferrol.com/opinion/xose-manuel-pazo/no-pais-dos-mil-rios/20180604223208227841.html
Una buena manera de retratar la preocupación de la Administración.

No país dos mil ríos

XOSÉ MANUEL PAZO
05 DE JUNIO DE 2018

Río Cobo, Lea, Cabe, Rato, Ulla, Umia, Lérez, Barbaña, Furelos..., foron nos últimos meses noticia polas agresións sufridas. E  a demostración de que a saúde dos nosos ríos corre un serio perigo: depuradoras en mal estado, vertidos directos de polígonos industriais como o de Melide que leva trinta anos contaminando o Furelos, emisarios como o de Viveiro vertendo na ría, o zurro das granxas... 
Exemplos que retratan a unha Consellaría de Medio Ambiente e a uns  gobernos municipais pasivos, cómplices nalgúns casos, e carentes de actuacións encamiñadas a solucionar este gravísimo problema. Alén diso, a ausencia de sancións traslada aos infractores a impunidade dos seus actos e o desánimo aos colectivos e cidadáns que están dando a batalla por uns ríos cheos de vida.
Velaí a realidade que deixa espida a propaganda das administracións. 
Feliz 5 de xuño, dia mundial do medio ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario