CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se acorda someter a participación pública o documento preliminar do plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ul la.
O Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, indica no seu artigo 68 que os plans de xestión dos recursos piscícolas serán elaborados polos servizos provinciais de conservación da natureza, así mesmo, no artigo 66 do mencionado regulamento indícase que estes plans son preceptivos en augas habitadas por salmón e reo.
Por proposta de Servizo de Conservación da Natureza, esta Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra resolve someter ao trámite de información pública o Plan de xestión da pesca fluvial das augas salmoneiras do río Ulla,
ACORDO:
Primeiro. Abrir un período de participación ao público dun documento do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla durante un prazo de 20 días, contado o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados podan remitir observacións e opinións mediante escrito dirixido a Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, rúa Fernández Ladreda, 43, 2º, 36071 Pontevedra, ou ao enderezo de correo eléctronico caza.pesca.po@xunta.es, poñendo no asunto «Plan xestión Ulla».
Segundo. Durante o citado prazo, o documento poderá se examinado nos seguintes lugares:
– Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra.
– Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
– Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña.
– Páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: http://www.cmati.xunta.es/, no punto de pesca fluvial (proposta de Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla (set. 2014)).
Pontevedra, 2 de outubro de 2014
DOG Núm. 199
Venres, 17 de outubro
RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete ao trámite de información pública a creación dos coutos de pesca de Santeles, Pontevea e Deza nos ríos Ulla e Deza.
Antecedentes.
Por proposta do Servizo de Conservación da Natureza, esta Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra resolve someter ao trámite de exposición pública a creación dos coutos de pesca fluvial de Santeles (concellos da Estrada e Vedra), Pontevea (concellos da Estrada e Teo) e Deza (concellos de Silleda, Vila de Cruces e Boqueixón) nos río Ulla e Deza, coas seguintes características:
– Couto de Santeles:
Límite inferior: muíño de Arnelas UTM: X 0541634; Y 4734047.
Límite superior: presa de Louzao UTM: X 542942; Y 4733111.
Nº de permisos diarios: 8.
Lonxitude: 1,63 km.
Categoría 1ª salmón.
– Couto de Pontevea:
Límite inferior: ponte vella de Pontevea UTM: X 537117; Y 4733623.
Límite superior: desembocadura río Vea UTM: X 538317; Y 4734454.
Nº de permisos diarios: 8.
Lonxitude: 1,8 km.
Categoría 4ª pesca sen morte.
– Couto do Deza:
Límite inferior: na canle principal do río Ulla 450 m augas abaixo da desembocadura do Deza. UTM X 553188; Y 4736939. Inclúe vedado de 100 m na praia fluvial de Cira.
Límite superior Deza: presa de Martínez UTM X 554632; Y 4735621.
Nº de permisos diarios: 10.
Lonxitude: 3 km.
Categoría 4ª pesca sen morte.
Resolución:
De acordo co disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1007, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, sométese a información pública durante un prazo de 20 días, durante os cales poderán formular as alegacións que vexan oportunas, por proposta do Servizo de Conservación da Natureza para a creación dos coutos de pesca de Santeles, Pontevea e Deza nos río Ulla e Deza.
– O expediente está á disposición de todos aqueles que puidesen ter interese nel na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Servizo de Conservación da Natureza na rúa Fernández Ladreda, nº 43-2º, 36003 Pontevedra. Ou na paxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: http://www.cmati.xunta.es/ no apartado de pesca fluvial (proposta de Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla (set. 2014).
Pontevedra, 2 de outubro de 2014
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
No hay comentarios:
Publicar un comentario