No día de onte quedou constituída a Asociación Galega de Sociedades de Pesca.
A acta fundacional foi asinada polos representantes das sociedades fundadoras sumando entre todas elas máis de 4.000 pescadores.
Os fins principais da asociación son representar ao colectivo de pescadores e ao sector socio-económico da pesca en Galicia, traballar pola pureza das augas continentais e costeiras, fomentar a pesca deportiva, velar polos dereitos dos pescadores e incentivar o deporte da pesca entre os máis xóvenes.
A Asemblea Constituínte elixíu Xunta Directiva que está presidida por:
Presidente Pepe Casal (Club Tambre).
Os vicepresidentes son Xavier Pazo (Troiteiros do Río Furelos) e Taracho Rois (CIT da Pontenova).
O secretario é Miguel Sande (Sociedade Deportiva Río Ulla).
O delegado provincial da Coruña é Antonio Cotos (Sociedade Río Mandeo).
o delegado en Lugo é Luís Sandamil (Amigos do Miño).
o delegado en Pontevedra é Xosé Antonio Vinuesa ((Sociedade de Soutomaior).
Vogais: Asociación de Pescadores da Ulloa,
Sociedade de Caza e Pesca de Silleda,
Sociedade do Iso, CD Rodeo,
Castillo Ulla-Deza,
Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia,
Club Latorre,
Fario-Laracha,
Troiteiros do Ombreiro,
Sociedade do Vea.
Todas as sociedades presentes manifestaron as súa preocupación pola situación actual da pesca e o declive dos salmónidos nos últimos anos o que os levou a poner en marcha esta asociación que nace coa finalidade de unir, de sumar esforzos e de dignificar esta actividade ancestral con tanta tradición en Galicia.
Contacto: asociaciongalegadesociedades@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario