O Consello de Administración, o Consello de Dirección, o Comité Asesor e a Dirección do Xornal, reunidos en Santiago de Compostela, acordaron por unanimidade fallar os Premios Trueiro de 2015:
Premio Línea Tensa
Juan Luís Barja Pérez
Catedrático de Microbioloxía e Coordinador do Grupo de Investigación de Patoloxía na Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela.
Ademais dun intenso labor como investigador sobre o desenvolvemento de vacinas para peixes, ten unha destacada actividade no control e diagnóstico de patoloxías na acuicultura mariña e, especialmente, na acuicultura continental.
As súas observacións sobre a prevalecía de enfermidades infecciosas en peixes de ríos galegos e o seu asesoramento en estratexias para a prevención e control de patoloxías deberían ser determinantes na ordenación e xestión da pesca deportiva.
Premio Qué Pasa
Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda
Fundada en 1.980, na actualidade conta con 348 socios.
Como entidade colaboradora da Xunta de Galicia, xestiona o coutos de pesca “Toxa” do río Toxa e “Taboada” do río Deza.
Destacar que a Feira Fecap de Silleda naceu a resultas dos contactos da directiva coa Semana Verde.
Coordinou a posta en marcha da Lagoa de Pesca do recinto feiral de Silleda.
Actualmente están acondicionando unha lagoa artificial nos seus terreos do Campo de Tiro de Vilar, agardando a concesión das oportunas autorizacións administrativas para crear unha Escola de Pesca.
Este ano organizaron un Taller de Montaxe cos “Artesáns da Pesca” e o 1º Curso de Iniciación á Pesca con Mosca impartido por Julio Seijas.
Todos os anos levan a cabo unhas xornadas de limpeza dos ríos Toxa e Deza.
Premio Donde hay que estar
Guardería do Ulla
O colectivo de pescadores e, en especial os ribereños do Ulla, son coñecedores da problemática que durante anos arrastrou a guardería do Ulla. Mesmo a sombra da sospeita caeu inmerecidamente sobre todos os eles cando un peón foi denunciado e expedientado polo trapicheo ilegal de dous salmóns. Durante anos, e en moitas ocasións, pagaron xustos por pecadores. Moitos membros desta gardería non teñen absolutamente nada que ver con estas e outras prácticas lamentables que se estilaban neste curso anos atrás.
Por iso, é un acto de xustiza outorgar este premio á Guardería do Ulla e que o recollan os que se sintan merecedores desta distinción.
Premio A Nosa
Editorial La Capital-Deporte Campeón
Polo seu compromiso medioambiental denunciando as agresións que sofren as augas continentais e as rías galegas e especialmente polo labor divulgativo da pesca deportiva levado a cabo polo DxT.
Premio Trueiro
Jesús Carbia, “Louzao”
Nado en Santeles hai mais de 80 anos, a escasos metros do río Ulla e pertencendo a unha familia de pescadores, o Premio Trueiro deste ano comezou a pescar de pequeno, cando había peixe en abundancia.
Leva gañadas catro edicións do Concurso Internacional do Salmón en Augas Galegas, a última vez o ano pasado.
Ten un prado, a carón do couto de Ximonde, que todos os pescadores coñecen á perfección.
Sen dúbida, é o gran señor do Ulla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario