Terá lugar o domingo día 17 de Maio no couto troiteiro de Xuvia, conveniado coa Consellería de Medioambiente por parte desta sociedade.
Este trofeo conta có patrocinio do Padroado de Deportes do Concello de Narón, así como da tenda de pesca Mar da Xoyba da Gándara.
O campionato de pesca está organizado pola Sociedade de Caza e Pesca Xuvia e será a modalidade e cebo libre, iniciándose ás 7:30 h coa concentración dos pescadores no Bar Os Rubios da Mourela-Neda, e finalizando coa presentación das capturas ás 13:30 h no local social desta sociedade sito en Cerdeiras-Narón .
Quedo á vosa disposición neste mail e no tel 687717158 , para cantas aclaracións precisedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario