Seguidores

sábado, 7 de febrero de 2015

A Frouxeira artificial y con llave de paso.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/22640-xunta-aproba-plan-lagoa-valdovino-alterara-medio-natural
A Xunta aproba un plan para a lagoa do Valdoviño que alterará o medio natural.
O presidente da Xunta di que se aproba a creación dunha canle artificial para “minimizar riscos” e abrir un “sumidoiro cando sexa necesario”. Di que as entidades ecoloxistas poderán presentar alegacións na fase de exposición pública do documento.
Máquinas abrindo a canle artificial na Lagoa da Frouxeira- Valdoviño / ADEGA
A lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, contará a partir de agora cun plan de conservación. Así o decidiu este xoves o Consello da Xunta para dar resposta aos numerosos problemas que ten este valioso espazo natural, sobre todo, en inverno. Pero, o plan aprobado recolle a posibilidade de crear unha canle artificial, diferente a canle natural que xa existe.

Unha grave alteración da paisaxe que xa foi denunciada en reiteradas ocasións polas organizacións ecoloxistas. De feito, non é a primeira vez que a Xunta mete as máquinas neste espazo natural para abrir canles artificiais. A última vez, en novembro do pasado ano.

Unhas actuacións que foron duramente criticadas por Adega e outros grupos ecoloxistas locais. Consideran que esta canle artificial, que a Xunta legalizará con este plan, supón unha "irracional alteración da lagoa da Frouxeira" que podería supoñer o "baleirado mecánico do humidal", que os ambientalistas definen como "un dos máis raros e fráxiles" do litoral europeo.

A Xunta ten defendido as alteracións do medio natural nesta paraxe para “evitar inundacións” e que a auga alague o paseo marítimo da Frouxeira, a única pista asfaltada para acceder a zona e as vinte casas que alí se atopan.

Precisamente, este foi un dos argumentos utilizados por Feijóo para dar vía libre a este plan de conservación que, dixo, “supón protexer ao primeiro humidal galego”. “O que se trata é de compatibilizar a protección cos condicionantes de poboación que alí existen e regular os usos e as liñas de actuación”, explicou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Entre estas liñas de actuación están protexer a lagoa, o seu hábitat e os usos públicos da zona. Tamén se aprobou un protocolo de actuación para evitar a ruptura da barreira litoral. Este protocolo é o que recolle a posibilidade de facer unha canle artificial, como a que a Xunta ten xa feito noutras ocasións, para “minimizar riscos” e abrir un “sumidoiro cando sexa necesario”. “Hai que evitar as improvisacións”, matizou.
O diálogo coas entidades ecoloxistas

Preguntado por GC sobre se este plan foi consensuado coas entidades medioambientais, o presidente da Xunta non soubo responder. “Se non o houbo haberá agora un período no que o expediente será de pública consulta para que quen queira poida presentar as alegacións pertinentes”, suliñou.

A actuación neste caso foi ben diferente a da Estratexia de internacionalización da Xunta para o 2010 que tamén se presentou no Consello da Xunta desta semana. Un plan que Feijóo confirmou que foi “froito do diálogo cos axentes económicos e sociais”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario