Seguidores

martes, 22 de octubre de 2013

NORMAS DOS SORTEOS DE PERMISOS DE PESCA EN COUTOS PARA A TEMPADA DE 2014

A novidade desta convocatoria é a posibilidade de consultar as notificacións sobre os sorteos a través do correo electrónico ou dos dispositivos móbiles

AS SOLICITUDES DE PERMISOS DE PESCA DE TROITA E SALMÓN PARA A TEMPADA 2014 PODEN PRESENTARSE ATA O 24 DE OUTUBRO

Os sorteos de autorizacións terán lugar o día 22 de novembro
En cada un dos servizos provinciais de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos, un para salmón –con ou sen morte- e outro de troita, no que se incluirán reo, pesca intensiva e pesca sen morte,

Santiago, 4 de outubro de 2013.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da Dirección Xeral de Conservación da Natureza pola que se fixan as normas dos sorteos e venta de permisos de pesca fluvial en coutos para a tempada 2014.
As solicitudes poderán ser presentadas por escrito ou telematicamente entre os días 8 e 24 de outubro, conforme aos modelos de impreso dispoñibles nos servizos provinciais ou na web da Consellería de Medio Ambiente.
Como unha das novidade desta convocatoria é a posibilidade de consultar as notificacións relacionadas cos sorteos a través do correo electrónico ou dos dispositivos móbiles.
En cada un dos servizos provinciais de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos, un para os permisos de pesca de salmón –con ou sen morte- e outro de troita, no que se establecerán o resto de autorizacións: troita, reo, pesca intensiva e pesca sen morte, non incluídos no sorteo de salmón.
A publicación de listaxes de admitidos realizarase o vindeiro 4 de novembro, e o período de reclamacións fíxase entre o 5 e o 15 de novembro, polo que o sorteo de permisos celebrarase o día 22 de novembro.
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario