Seguidores

lunes, 1 de julio de 2013

Crónica do XIII Campionato de salmónidos Mosca Cidade de Narón.

XIII Cidade de Narón Campionato de Salmónidos Mosca
Fotos: Miguelpesca, Avelino Lago, Eloi Saavedra e Miguel Canto

En data 29 de Xuño celebrouse o Campionato de pesca con Mosca Cidade de Narón organizado pola Sociedade de Caza e pesca Xuvia.
O lugar da competición foron os coutos troiteiros do río Xuvia: Couto de Xuvia e Couto de San Sadurniño sen morte.
Contouse coa participación dun total de 34 pescadores, chegados tódalas provincias galegas.
A proba deu comenzo ás 9:00 h, logo de unha reunión para o almorzo e entregar a documentación ós participantes no Bar Os Rubios de Neda.
Reseñar que entre o elenco de participantes atopábanse varios membros da selección galega de pesca., entre os que se atopaba o actual campión do mundo da especialidade, o coruñés David Arcay. Tanto este feito como a presencia de outros pescadores de recoñecido prestixio dáballe un elevado caché á proba, trascendendo o seu inicial espíritu de campionato social.
A proba desenvolveuse con total normalidade, cun número abondoso de capturas (319) para o que acostuma a ser un campionato.
As condicións de partida do campionato eran complexas pola presenza dun molesto nordés dende o comenzo da manga da mañá.
Nembargantes o bó nivel de auga do río e a súa claridade fixeron que as condicións entre os pescadores que optaron pola ninfa na súas diversas modalidades e os que optaron polas moscas secas, estiveran bastante igualadas.
No mediodía houbo unha parada técnica para repoñer forzas nun xantar na Parrillada Riboira de Lamas.
Destacar de entre as troitas capturadas un fermoso exemplar de 50 cm que lle deu a Vicente Pico o premio á peza maior. Exemplares como este son xa raros de capturar nun día de pesca común, pero excepcionales durante un torneo de pesca.

Finalmente a clasificación quedou como segue:
1º Vicente Pico
2º Alberto Mera
3º Rafa Bellas

Peza maior Vicente Pico

A entrega de premios tivo lugar no Bar O Carreiro de Neda.
Expresar o noso agradecemento a tódolos participantes e colaboradores na organización do evento.
Recordar finalmente, que os cinco primeiros clasificados neste campionato, acadan o paso ó Master de Campións Miguelpesca, que se celebrará, no couto de pesca sen morte de San Sadurniño, en data 14 de Setembro. Neste Master bateranse os mellores pescadores dos concursos oficiosos que se celebran en Galicia.








No hay comentarios:

Publicar un comentario